domingo, 8 de mayo de 2016

Que é Galicia para min

Para min Galicia, é un lugar cunha serie de características que o diferencian doutros; ben pode ser a gastronom,ía, a cultura, a lingua. Pero na miña opinión, todos os lugares teñen características que os diferencian dos demáis. En cambio eu vexo unha verdadeira diferencia de Galicia có resto de lugares: o autoodio. Non pode ser que os galegos odiemos Galicia inxustificadamente. Ese pensamento de que o galego só o falan os ignorantes, ese intento por ocultar o acento galego...
Moita xente intenta parecerse ao estereotipo de cidadán europeo, entón que vaia o galego a preguntarlle ao berlinés qué sinte pola súa terra, ou sen sair de España, que lle pregunten ao catalán que sente pola súa terra. Dende o meu punto de vista, diferenciarse por algo do resto fai que algo sexa auténtico.
Para min Galicia é unha terra con moito potencial en diversos aspectos tanto cuturais coma xeográficos que son característicos. o seu problema é que ten unha poboación sumisa e conformista, e que non ten orgullo polo propio. Isto tamén pode supoñer unha serie de problemas, xa que, por que vou a coidar algo que non me gusta ter? Entón por culpa de ese autoodio, ao millor rematamos por lograr transformar a Galicia nunha terra realmente odiosa

Transformamos os nosos preciosos espazos naturais en espazos de explotación de eucaliptos; unha especie invasora que impide crecer á maioría das árbores autóctonas

Convertimos as fermosas paisaxes costeiras en vertedoiros da merda que nós mesmos creamos.


Permitimos que o noso patrimonio se avellente e remate morrendo.
Na miña opinión só hai unha cousa peor que a xente que fai estas atrocidades á súa terra; as persoas que o permiten. Se queremos sentirnos orgullosos de algo, coidemos o que temos, xa que se perdemos o que temos xa non nos quedará ningún motivo polo que nos chamamos galegos. 






















No hay comentarios:

Publicar un comentario