domingo, 18 de octubre de 2015

Son realmente os antigos habitantes de galicia os salvaxes?

Hoxe, fun a ver un dolme do que me enterara fai pouco que desenterraran no monte Marraxón, no concello de Fene. Casualmente, atopeime tamén na delimitación do concello de Neda e Fene có que parecia ser un menhir; coma se pode ver na foto:

Bueno, o caso é que continuei na procura dese enterramento para tomarlle unhas fotos ata que o atopei pasado un intre. Decepcioneime bastante á hora de enterarme que este enterramento excavouse cunha excavadora, e coma resulta obvio non saiu ben e romperon o dolme. Despois de ese estropicio, ocorréuselles volver a colocar as pedras do dolme como estaban mais ou menos


 O caso é que, bueno, coma resulta obvio fixeron un estropicio, xa que romperon a pedra superior e ainda por enrriva puxérona do revés.
Isto fíxome pensar que habia unha inmensa cantidade de megalitos, pero que a maioria estan baixo terra, e realmente pregúntome se sería unha cousa correcta desenterralos; porque a diferencia doutros lugares, neste sitio, a xente non valora en absoluto o seu patrimonio e polo menos, se todas estas cousas estan baixo terra, asegurámonos que non son destrozados pola xente que non sabe ante qué está


Con todo isto quero dicir que é traballo de todos coidar asnosas raices, xa que se non o facemos perderemos parte da vida de Galicia.