miércoles, 18 de noviembre de 2015

As orixes do futbolín

Bueno, aqui vou falar sobre as orixes dun famoso xogo que todos coñecemos que é o futbolín, por se alguén non o coñece o futbolín é un típico xogo de bares tremendamente adictivo que consiste nunha recreación en miniatura nun taboleiro dun campo de fútbol. A cada un dos lados colocáse unha parella que, agarrando os mangos laterais manexan as barras nas que se sitúan os xogadores. Como resulta obvio o obxectivo do xogo é tratar de meter o máximo numero de goles na porteria do equipo contrario.
Se alguén se pregunta que relación ten o futbolín coa historia de Galicia , para a vosa información, o futbolín foi inventado por un carpinteiro galego chamado Alejandro Finisterre.
Aquí está o inventor deste magnífico xogo.
O futbolín, ainda que pareza un simple invento recreativo para poñer nos bares e xogar cós amigos, Finisterre inventouno durante a Guerra Civil, cando estaba hospitalizado con graves feridas nun hospital de Barcelona. Eu penso tamén que bueno, un hospital actualmente non será o mesmo ambiente que un hospital naquela época
Eu póñome no lugar d@s pobres enfermeir@s aguantando todas as queixas da tremenda cantidade dos pacientes, coma se poder ver na foto, pois agoviaríame bastante. Ahi entrou o carpinteiro Finisterre, que comezou a realizar a súa idea. O futbolín non fai tan solo un gran favor aos pacientes, que os entreten e fáilles esquecerse en gran parte das súas doenzas; senón tamén foi un favor para todos os traballadores de hospital, que milloraria a súa sanidade mental porque bueno, non é o mesmo ter que aguantar a 30 personas queixandose que aguantar a 15 xa que as restantes estan xogando ao futbolín.
E ao final resultou que este invento recreativo dos hospitais, pasou a selo en moitos bares na actualidade.

domingo, 8 de noviembre de 2015

As verdadeiras Navidades

As Navidades son coñecidas actualmente coma unhas festividades cristiás, nas que se celebra o nacemento de Cristo.













 Pero en realidade estas celebracións son moito máis antigas que a relixón cristiá, xa que por exemplo, os antigos habitantes de Galicia xa celebraban as navidades. No noso antigo calendario, estas festas chamábanse o Yule. Nestas datas os antigos galegos celebrarban o sosticio de inverno, facendo grandes festas con bailes rituales.















 Tamén realizaban a queima do tronco do Yule; que ardía ata o final das celebracións. Era tipico tamén que queimasen porcos en honor de Frey, o deus do amor e a fertilidade. Según se conta, os druidas dos pobos consideraban a sobreira coma unha arbore sagrada.










 Tamén recollian os froitos do acivro para s seus rituais. En base a estas tradicións, a árbore de Navidade chegou algo cambiado aos nosos días








Lendas de Neda

Aqui vou poñer unhas poucas lendas propias do meu pobo:

O Crito da cadena

Na fachada traseira da igrexa de Santa María hay unha taia cun Cristo unha cadea atada ao pescozo. A lenda conta que o Cristo veu a flote polo océano dunha zona do sur de Inglaterra e chegou á vila de Neda. Ao chegar, os habitantes da vila pensaron que esta estatua era un amuleto enviado por Deus que lles traeria tempos de explendor ao pobo, polo que a colleron e colocárona na fachada traseira da igrexa de Santa María. Pero esta figura movíase cada noite atopábana cada vez nun sitio disinto; polo que colérona un día e a encadearon na igrexa. A lenda conta que no momento no que a estatua se desencadene e chegue ao monte de ancos, ocorrería unha grave traxedia se non se devolvía á igrexa de Santa María


As areas máxicas do río xuvia

Conta a lenda que na beira da desembocadura do Río Grande de Xuvia, as noites nas que había eclipse lunar, as areas transformábanse en flores con propiedades máxicas e curtivas. Tamén dise que os panadeiros nedenses utilizaban estas flores para mesturalas coa fariña e facían o pan con estas flores na súa composición. Aínda a día de hoxe, o pan de Neda ten fama de ser un dos millores pan feitos pola comarca.


O demo da Mourela

Esta lenda conta que na zona da Mourela en Neda, os leñadores que ían a talar as árbores escoitaban uns cantos melodiosos. Os campesiños eran atraidos por estos cánticos, atopábanse cun demo que se apoderaba das súas ánimas. Actualmente sábese que os cruceiros construíanse antigamente para espantar aos mouros e malos espíritos que vagan por Galicia. En neda fixéronse repartidos por todo o pobo; moitos din que fixéronse para espantar as ánimas capturadas polo demo da Mourela, que deixábaas á deriva polos montes en busca dun novo corpo dunha persoa viva.

O monte inundado

Conta a lenda que o monte de Ancos de neda foi misteriosamente drenando auga ata quedar inundado no seu interior. Os nedense temían que o Cristo encadeado mencionado na primeira lenda, chegase ao monte de Ancos, xa que este partiría dun impacto a montaña e esta deparrmaría a auga do seu interior por todo o val, deixando neda somerxida baixo a auga.

lunes, 2 de noviembre de 2015

O imperio romano do século XXI

Nesta entrada vou a tratar de facer unha comparación da actual sociedade coa sociedade do imperio romano con axuda de fotografías:


Aquí podemos ver unha comparación dunhas termas romanas (a foto superior) e dun balneario da actualidade. Coma se pode apreciar teñen unha estrutura moi similar


Aquí tamén podemos ver que os lugares donde facer as nosas necesidades non cambiaron moito, a única diferencia que vexo é que na sociedade romana non había tanto pudor coma na actualidade; por iso nos tempos modernos engadíronselle portas a este invento


O anterior lévanos a un uso de alcantarillado  para levar as feces a unha zona donde non afecte ao olfacto dos transeuntes. Na miña opinión é un sistema idéntico o actual ao que se utilizaba no imperio romano


Tamén parecénse a nós polo sinxelo detalle de pintar nas paredes das casas e edificios das cidades


Dentro do mundo do espectáculos, os gladiadores era un bastante frecuente na antiga roma, e ainda que na actualidade non é tan solicitado, creo que os loitadores de mma son os que máis se poden parecer a os gladiadores


O teatro era tamén un espectáculo moi frecuente no imperio romano, e segue conservándose na actualidade cunha estrutura similar


Tamén daquela existía o oficio da prostitución, só que agora a lei esta en contra deste traballo a diferencia dos romanos


Os mercados romanos eran lugares nos que se podían atopar obxectos de fóra do habitual na vida dos romanos. Na actualidade, aínda seguen prganizandose feiras e mercadillos en moitos lugares