domingo, 31 de enero de 2016

A historia non só a viven as personaxes ilustres.

2 de xullo, 1939

Querido pai:

Primeiramente quero pedirlle que non se preocupe polo que lle vou contar. Hai dúas semanas fun apresado pola Garda Civil na travesía do barco de vapor "Alicia", onde nos localizabamos todos os membros do batallón de pioneiros marxistas ao que pertenzo. Estabamos a fuxir de Xixón xa que estaban a perseguir aos roxos por causa da actuación franquista na cidade. Fun acusado polos meus crímenes realizados durante a revolucion de hay cinco anos, xunto con moitos dos meus compañeiros da mina. Á súa vez, acúsanme de criminal polo feito de pertencer ao Partido Comunista. Hai dous días sentenciouse a miña condena a ser fusilado. A verdade, non dou comprendido en que se diferencian as mortes que causei durante o 34 con todas as mortes que permite o Estado deixándonos vivir nestas pésimas condicións. Durante as eternas horas de traballo na mina, fixen un moi bó amigo pai, incluso podería decir que considéroo o meu millor amigo. Non hai día que non recorde a súa morte hay cinco anos. Morreu por culpa da desnutrición pai, pero el seguia picando as pedras mentres morria porque preferia morrer así en vez de recibir unha malleira dos nosos superiores.
Con esta carta non pretendo xustificarlle os meus numerosos actos violentos que cometin contra o goberno. Pretendo que comprenda toda a rabia que teño e que me deu forzas para nin sequera sentirme mal por toda esa xente que fixen que morrera.
Tras saír da mina tras o alzamento do 34, nomeáronme teniente do batallón 232 dos pioneiros marxistas. A pesar de que fora apresado formando parte deste batallón, encheme de orgullo que tivera formado parte del.
Hoxe, día 2 de xullo, é un día feliz para min; hoxe conmutaron a miña condena a morte e devolveranme a Lugo con vostedes. Por iso o motivo desta carta, que espero que chegue pronto. Espero que as cousas na aldea continúen tal e coma as recordo de cando era un rapaz, aínda que teño un presentimento de que vivindo o que vivin nunca volverei a velas coma daquela.

 Delle unha aperta á miña nai, e espero chegar pronto a casa.

  Xesús         



O autor desta carta foi Xesús Gómez Paz, natural de Lugo e destinado posteriormente a unha mina preto de Xixón. Formaba parte do PCE (Partido Comunista Español) e posteriormente adicouse á instrucción militar nos pioneiros e xuventudes marxistas. Finalmente antes de ser apresado foi nomeado teniente no exército roxo.

Con esta entrada, pretendo amosar que a historia non só a viven as personaxes famosas e importantes. Senón que todo o mundo a vive, e moita xente que contribuíu ao seu transcurso non aparecen nin nos libros de historia nin nos xornais.
A este home é tan só un dos moitos galegos que foron condenados durante as actuacións militares franquistas. 



Este home foi afortunado, outras moitas persoas remataron baixo terra coma no xacemento desta foto.