sábado, 14 de mayo de 2016

O sistema educativo

Hoxe vou falar en xeral dun tema que a min persoalmente paréceme vergonzoo dun país do primeiro mundo coma é España: o sistema educativo.
En primeiro lugar, pareceme unha broma a cantidade de diñeiro público que se destina á educación privada e concertada. Na miña opinión, se todos pagamos algo cós nosos impostos, temos dereito a utilizalo xa que é noso. Entón non comprendo por que se no pagamos cós impostos as subvencións destinadas aos centros privados de ensinanza, non podemos formarnos neles a non ser que paguemos aínda máis do que pagamos. Aínda por riba, non podemos dicir que a educación pública sexa dunha calidade excepcional, entón eu pregúntome por que se a educación pública aínda non é de boa calidade, se destina diñeiroá educación privada. Eu teño unha hipótese que na miña opinión é bastante acertada: a educación privada, ao teren millor calidade, tan só quere poñerse ao alcance das persoas que teñe a sorte de poderse permitilo. Por isto mesmo, creo que o que se pretende é que aquelas persoas que estén forzadas a formarse na precaria educación pública, non podan cambiar de estatus por culpa da mediocre formación que obteñen nos centros de educación pública.
Según o Programa de Evaluación Internacional de Alumnos realizado na Universidade de Valencia, un 46% da poboación española, non acada a completa formación dos estudios mínimos desecundaria obligatoria, en comparación có 21% da Unión Euroepa, que xa me parece unha cifra alta.
O que me parece aínda máis increible é que en españa un 76% dos alumnos acuden á educación secundaria obligatoria a través da educación pública según as estadísticas do Ministerio de Educación. Francamente, cando vexo estas cifras, sorpéndome ata eu mentres escribo esta entrada.
Teño aquí unha proba da deixadez que ten a educación pública no meu propio centro de estudos, onde se atoparon cogomelos nos marcos das fiestras:


Eu cando vexo isto, penso que bueno, polo menos se recortan nos comedores escolares, poderán recoller os cogomelos das fiestras para facer revoltos con eles.

Por outra parte, na marioría de asignaturas en case todos os campos de educación, basan os seus resultados nunha cifra sacada nun examen. Realmente non creo que un número sexa un elemento de tanto calibre como para poder decidir o futuro dunha persoa. Poño un exemplo, Se hay unha persoa que quere ser ciruxá e todo o relacionado coa anatomía, bioloxía e todo o relacionado con ese traballo o controla ao 100%. Pero por culpa do 4,5 que sacou en lingua castelá ou o 5 que sacou en filosofía, impediralle cursar a carreira de ciruxía porque non lle dá a media. Non pretendo minusvalorar a lingua castelá e a filosofía, que me parecen asignaturas tan importantes coma as demáis, con este exemplo pretendo demostrar, que dependendo do futuro que alguen decida escoller, hay certos campos da educación que deben ter menos importancia á hora de calificar como válida a unha persoa para un empleo.

Por outra parte, coa nosa querida LOMCE, as universidades tampouco se salvan, xa que có 3+2, suprimirase un ano de carrera para engadir dous anos de máster. É dicir, ata agora, a carrera universitaria basábase en 4 anos de carrera, dábanche o título universitario e despois se querías formarte máis podías optar por pagar un máster. Pois coa nova reforma, a carreira reduciríase a 3 anos, pero ao rematar eses 3 anos non se concedería o título universitario, senón que estariamos forzados a pagarnos 2 anos de máster cun prezo que pode sobrepasar os 10000 euros por cada ano. Así que todos os estudantes que queirades mercar un coche ou sair de festa, pensade que o diñeiro que gastades niso o ides necesitar para o palo que vos van meter á hora de formarvos.

En conclusión, na miña opinión, o máis importante para desenvolverse correctamente no mundo actual é a educación, e ata iso nos queren quitar á xente coa mala sorte de non nacer ricos. Pretenden crear as futuras xeneracións ignorantes na súa gran maioría, xa que unha xeneración sen formar é unha xeneración sumisa e coa que se pode xogar fácilmente na súa grandísima maioría, polo tanto, non deixemos que den un paso atrás no camiño de chegar a un mundo millor cunha poboación perfectamente formada para o seu correcto desenvolvemento na súa vida.

domingo, 8 de mayo de 2016

Que é Galicia para min

Para min Galicia, é un lugar cunha serie de características que o diferencian doutros; ben pode ser a gastronom,ía, a cultura, a lingua. Pero na miña opinión, todos os lugares teñen características que os diferencian dos demáis. En cambio eu vexo unha verdadeira diferencia de Galicia có resto de lugares: o autoodio. Non pode ser que os galegos odiemos Galicia inxustificadamente. Ese pensamento de que o galego só o falan os ignorantes, ese intento por ocultar o acento galego...
Moita xente intenta parecerse ao estereotipo de cidadán europeo, entón que vaia o galego a preguntarlle ao berlinés qué sinte pola súa terra, ou sen sair de España, que lle pregunten ao catalán que sente pola súa terra. Dende o meu punto de vista, diferenciarse por algo do resto fai que algo sexa auténtico.
Para min Galicia é unha terra con moito potencial en diversos aspectos tanto cuturais coma xeográficos que son característicos. o seu problema é que ten unha poboación sumisa e conformista, e que non ten orgullo polo propio. Isto tamén pode supoñer unha serie de problemas, xa que, por que vou a coidar algo que non me gusta ter? Entón por culpa de ese autoodio, ao millor rematamos por lograr transformar a Galicia nunha terra realmente odiosa

Transformamos os nosos preciosos espazos naturais en espazos de explotación de eucaliptos; unha especie invasora que impide crecer á maioría das árbores autóctonas

Convertimos as fermosas paisaxes costeiras en vertedoiros da merda que nós mesmos creamos.


Permitimos que o noso patrimonio se avellente e remate morrendo.
Na miña opinión só hai unha cousa peor que a xente que fai estas atrocidades á súa terra; as persoas que o permiten. Se queremos sentirnos orgullosos de algo, coidemos o que temos, xa que se perdemos o que temos xa non nos quedará ningún motivo polo que nos chamamos galegos. 






















sábado, 7 de mayo de 2016

Un mundo millor

Estamos no ano 2056. Hay 20 anos aprobouse a lei protectora de zonas forestais de Galicia, permitindo acabar con todos os eucaliptos e especies invasoras no ecosistema galego. Isto permitiu recuperar gran parte dos ecosistemas autóctonos galegos.
Deste xeito, o chan fíxose dúas veces máis fértil e a agricultura millora con creces por toda Galicia

Paralelamente, realízanse avances nas enerxías renovables permitindo así o abastecemendo enerxético total das enerxias renovables


As medidas de economía planificada reducen a a miseria a un 1% logrando así un nivel de vida digno por toda Galicia. Os avances nas enerxías renovables permitiron crear automóviles que funcionan a partir da enerxía solar, rematando así coas gasolineiras e facendo que os desprazamentos fosen moi económicos.
En canto os servizos públicos, realízanse grandes avances, logrando facelos totalmente gratuitos. Nos últimos 5 anos o indice de felicidade en Galicia incrementouse nun 40% grazas a satisfacer as necesidades básicas da poboación.




















lunes, 18 de abril de 2016

A Galicia do século XXII

Estamos no ano 2156.
Estamos tras 10 anos dunha terrible guerra financieira entre as dúas potencias mundiais China e os EEUU. No ano 2145 a ONU aprobou o dereito a poder comprar países coma unha propiedade privada. Os EEUU e China, levan 5 anos comprando entre os grandes empresarios de cada país cada un dos países restantes no mundo anulando así todo tipo de lei e dereito que non fose imposto por eles mesmos.
España foi comprada por un gran empresario estadounidense, creador da empresa farmacéutica máis grande do mundo, instalada en Galicia. Este home chamado Ricky Rockefeller,
 empregou o territorio galego para construir unha empresa de miles de quilómetros arrasando a maioría dos bosques e fragas deixándo a paisaxe coma na imaxe de abaixo.

Así é a paisaxe actual en Galicia.
A nivel de españa, todos os funcionarios foron substituidos por empleados de Ricky que eran reemplazados cada 5 meses; os contratos laborais máis longos entre todos os oficios españois. As forzas da ley foron substituidas por un exército mercenario contratado polo empresario.
Cunha dura represión que atenta os dereitos das persoas, o resto dos habitantes que non eran funcionarios foron forzados a traballar moi precariamente na industria farmacéutica
sendo explotados. As xornadas laborais aumentaron ás 18 horas diarias sen permitir descansar fora da industria aos traballadores. Os empregados máis privilexiados, podían permitirse comprarse unhas gafas de realidade virtual que lles permitía fuxir da dura realidade na que viven.

Dende o ano 2130, un colectivo revolucionario en contra da dictadura económica de Ricky Rockefeller, coñecido coma o Colectivo Antiempresarial Galego (CAG)

están cometendo atentados en diversas seccións da industria en Galicia


O resto da poboación, foi instalada en bloques de edificios con pisos en miniatura dentro do campo industrial.
Calcúlase que o indice de Miseria en Galicia aumentou ata un 87% da poboación total. En cambio a riqueza total do Estado aumentou un 400%, debido á reducción de costes de producción e precarización das condicións vitais e laborais dos traballadores. Calcúlase que en 2 anos, a poboación descenderá un 3% aumentando progresivamente a porcentaxe debido ao incremento da mortalidade polas pésimas condicións de vida.

Actualmente, no século XX grazas a dios non estamos nestas condicións, impidamos que ese 1% da poboación propietario do99% do diñeiro do mundo convertan a nosa terra na súa gran industria.




Escolas indianas

Hoxe vou falar sobre as escolas que os emigrantes galegos financiaron unha vez fixeron diñeiro nas americas.

Aqui deixo un fragmento que escaneei dun trtado que coma se pode ver amosa os proxectos que se seguirían para financiar e construir estas escolas na comarca de Ferrolterra. 
En Galicia hai arredor de 100 escolas financiadas por indianos particulares xunto cunhas 250 que foron financiadas por asosiacións instructivas tamén constituidas por emigrantes galegos.
Esta xente, merécese o meu respecto, xa que poucas persoas adiñeiradas teñen a decencia de donar diñeiro para financiar a educación; na miña opionión unha das cousas máis importantes que hai na vida. De feito actualmente esa xente adiñeirada pretende precarizar dita educación. Por isto paréceme moi repetable que estas persoas que lograron a fortuna noutro lugar non olviden a súa tera e que financiasen o futuro de moitos rapaces que non se podian permitir alonxarse dos seus fogares para estudar.
Aqui embaixo, vou poñer algúns exemplos de escolas indianas:

Esta escola, localízase na parroquia de Caamouco, preto de Ares. Foi financiada pola Agrupación instructiva de Caamouco.


Este é o colexio Sta. María, en Aspontes, considerada a escola rural máis antiga de Ferrolterra
Esta é a escola dos Irmáns García Naveiras, en Betanzos.

Eu tras buscar sobre esta entrada, dinm conta de que as escoloas de indianos son realmente edificios bonitos, non coma as abominacións arquitectónica nas que estudan moitas persoas en Galicia. Porque realente penso que os edificios teñana función que teñan teñen que ser agradables para a vista. Por exemplo, vou poñer unha comparación entre unha escola de indianos e unha escola construida recentemente:

Este é un instituto obviamente moderno construido recentemente en Galicia

Este é outro colexio de indianos.
Eu persoalmente noto unha diferencia enorme entre unha arquitectura e outra.
Pola xenerosidade destes indianos, aos que moitas persoas deben a súa educacion, fíxome que ficese unha entrada sobre eles, xa que creo que merecen ser valorados e recordados.








domingo, 27 de marzo de 2016

Graffiti en Galicia

O graffiti é un estilo artístico que consiste en realizar debuxos con spray de pintura en paredes, ben sexan de trens, edificios, muros...
Gústame moito o graffiti xa que, pese ao que moita xente diga de que é vandalismo e degradación da vía pública, eu vexo o graffiti coma unha forma de ornamentar as cutres paredes sen vida das rúas.
De todas formas, nas cidades maiormente, as paredes están cubertas de carteis publicitarios, pero a xente critica á persoa que fai arte nas rúas en vez de criticar ao que fai publicidade manchando as paredes con papeis.
O caso é que buscando sobre o tema, atopei unha sociedade galega chamada "A Vella Escola" que entre outras actividades culturais innovadoras, promove a arte do graffiti. Aínda que non o creamos, o graffiti pode utilizarse para decorar outros lugares coma o fondo do plató do programa Luar, coma se pode ver aquí:
Esta asociación promoveu que grafiteiros  de Galicia fixeran obras coma estas:


Eu sinceiramente opino que o graffiti, coma outra forma calqueira de pintar non deberia ser criticada por usar os medios disponibles para cada particular. Este estilo de pintura tamén gústame moito xa que en moitos graffitis, o pintor ten en conta os diversos elementos da estructura na que debuxa, dándolle maior sensación de realismo e vida ao debuxo:




Estes efectos non poden darse nun lenzo ou nun papel; precisamente o feito de ser un arte urbán fai que os debuxos en moitos casos requiran máis comedura de tarro.
Unha aclaración que teño que facer é:

Isto para min non é arte, e si que é unha maneira de ensuciar unha parede. Por facer un par de grabatos e letras case incomprensibles non converte ao autor nun artista.

Isto por exemplo si que é unha maneira máis fermosa de cubrir unha parede.















































martes, 15 de marzo de 2016

Cultura ou incultura?




Estas dúas imaxes pertencen á cidade fantasma de Pripyat; para o que non o saiba foi  unha cidade ucraniana que tivo que ser desaloxada por culpa dun accidente nuclear na central de Chernobyl.
Hata o día de hoxe esta cidade permanece abandonada e sen manteñemento de ningun tipo debido ao perigo da radiación.


Estas imaxes son  bastante máis preto. Estas rúas pertencen ao casco vello da cidade de Ferrol. Sinceiramente, eu podo ver en millor estado os edificios de Pripyat, aínda tendo en conta que en Ferrol continúa habendo xente nela. Por isto eu pregúntome se realmente a xente de Galicia respeta de verdade a súa cultura. Ousexa, nós miramos Madrid ou Barcelona e parécennos cidades moi bonitas e coidadiñas. Moita xente da comarca que pensa o fermosas que son estas cidades e cando miran arredor ven estas imaxes que poño aqui enriba. E aínda máis, por se non fose suficiente non só non se reparan os edificios antigos do casco histórico, senón que aínda por riba de non facer nada con estas edificacións, permítese isto:
A min non coma ferrolán, que eu son nedense, pero coma persoa que vive na comarca pareceme impresionante o descoidado que está o que deberia ser o centro urván da comarca de Ferrolterra.

Por outra parte, voume centrar máis no meu querido pobo de Neda. Neste pequeno pobo onde moita xente pensa que só hay monte e vacas, que tamén hai moito diso non vou mentir. Bueno, o caso é que o famoso director de cine George A. Romero, para que non o coñeza seguro que lle soará dalgo a pelicula "A noite dos mortos vivientes".

Pois el é o director. O tema é que este famoso director é orixinario de Neda, de feito o seu abó estivo moitos anos da súa vida vivindo neste pobo, concretamente na zona da Mourela.
Á súa vez tamén temos residino actualmente ao escritor Vicente Araguas, gañador do Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela en 2007.
En cambio, eu estiven uns 5 anos no instituto de Neda, e en ningún momento nomearon a estas dúas personaxes que a min sinceiramente, paréceme o minimo nomealos xa que son persoas relacionadas con Neda. En cambio sempre miramos para fora, nunca para o que temos ao noso lado, e o que está ao noso lado o abandonamos e o ignoramos. Por todo isto eu penso que debemos deixarnos de tanto valorar a cultura pero non coidala. Estes exemplos son só uns poucos de moitos que podería escribir.
En conclusión, antes de valorar o de fora, temos que aprender e comezar a valorar o que nos rodea ou se perderá e ahí si que só nos quedará mirar e envidiar os distintos aspectos culturais axenos a Galicia.

















miércoles, 2 de marzo de 2016

Discográfica galega destacada no ámbito internacional

Hoxe vou falar dun grupo de DJ´s que están a arrasar internacionalmente. Dende hay uns cantos anos, sempre me picou a curiosidade por saber se os galegos tíñamos un bó repertorio de DJ´s, xa que non coñecía ningún que fóse moi famoso. Entón púxenme a buscar acerca de DJs galegos famosos. Non atopei nada ata que encontrei certa información sobre unha discográfica dixital chamada Tullido Records, formada por un grupo de DJ´s galegos da mesma taia ca o famoso internacionalmente DJ Guru Josh, falecido recentemente, unha desgraza para nós os aficcionados ao xénero de música electrónica.
Para quen non saiba quen é, aqui abaixo deixo un dos seus temas máis coñecidos en todo o mundo
Bueno, o caso é que este grupo de DJs están a arrasar na rede, recibindo apoio de moitos temas de DJs da súa taia. Este grupo esta formado por Marcos Peon, Frisco Taibo e Arturo Vaquero. Esta discográfica, sefue crecendo cada día, e o seu sello está avalado polo antes mencionado Guru Josh ou por outros DJs españoles de gran fama coma Roger Sánchez e Jason Rivas.
En tullido Records, non soamente tocan a música electrónica; tamén estanse dando a coñecer na composición de bases no mundo do rap.
Realmente gustoume saber que estes DJ´s formen parte do mundo da música a nivel internaciolnal. Para os aficcionados ao mundo do rap e da música electrónica coma son eu, aquí deixo un exemplo dos DJś que máis me gustaron:

https://youtu.be/JJHDx72nyII?list=LLrsJU6lZ47ti2CA3BmmR17A
Arriba deixo un tema do subxénero bounce, producido por Dj Frisco e Marcos Peón.

https://www.youtube.com/watch?v=5aORgyWjVc0&index=2&list=LLrsJU6lZ47ti2CA3BmmR17A
E aquí deixo outro tema de rap, coa súa base composta por Arturo Vaquero.

Decidín escribir esta entrada xa que moita xente di que a música electrónica non é música, que é ruído, que é toda igual... Eu sonn un aficcionado desta música e poido dicir dende o meu escaso coñecemento que a música electrónica abarca subxéneros moi diversos dentro dela. A min tampouco me gustan todos os subxéneros, pero polo menos teño en conta que hai moita diversidade dentro da música electrónica. Principalmente os meus subxéneros favoritos son o Future House, Melbourne Bounce, Dubstep e Hardstyle. Pero se alguén pensa que estes subxéneros son os únicos de música electrónica, eu convídoos a que busquen na wikipedia coma fixen eu un día e xa verán a cantidade tremenda de variacións que hay.
A música electrónica encántame xa que me pega unha motivación enorme cando a escoito e realmente valoro o curro que dá compoñer unha canción deste xénero; que xa vos digo que non é sinxelo... non é o que fan a merda de DJ´s que hay por aquí que só saben poñer música xa feita.
Tamén teño que dicr que para toda a xente que isto non lle pareza música e que é un insulto para este aspecto da cultura, que teña unha visión un pouco máis aberta e que se deñan conta de que ao longo da historia a música cambia, e non porque non lles guste a eles teñen por que excluíla da denominación de música. Eu respeto todos os gustos musicáis e comprendo que non todos sexan coma o meu nin moito menos, pero non me gusta que moita xente minusvalore un ou outro xénero musical porque non lle guste.
Aquí abaixo vou deixar un grupiño de vídeos de distintos subxéneros de música electrónica para que aquel que saiba do que falo poida notar a diferencia; e do que non saiba de que falo para que o empece a saber:
DUBSTEP

FUTURE HOUSE

MELBOURNE BOUNCE

PROGRESIVE

HARDSTYLE
Bueno non vou poñer máis porque non é plan. Pero quero que quen vexa isto quite a idea da cabeza que toda a música electrónica é o mesmo.

domingo, 21 de febrero de 2016

Congreso Internacional da Paz en Ferrol

Hoxe vou falar dunha noticia ferrolá moi pouco coñecida que pareceume un dato que debe darse a destacar.
Durante a I Guerra Mundial, En Ferrol, o Ateneo Obreiro Sindicalista desta cidade, convocou o día 26 de febreiro de 1915 un Congreso Internacional da Paz, que convocaría a todos os grupos obreiros a nivel internacional. Nesta convocatoria, pretendíase organizar una oposicion á guerra por parte dos países neutrais, organizando unha folga xeral e un boicot de transporte de mercadorías.
Pero como non, os cabróns do Goberno español, prohibiron a formación dese congreso xusto o dñia antes da súa celebración e aínda por riba a inmediata expulsión de varios delegados extranxeiros. Pero a pesar de todo isto, o congreso celebrouse clandestinamente con risco de seren descubertos. A celebración foi no Ateneo Obreiro Sindicalista, ao que asistiron pese a prohibición do goberno mais de cen organizacións sindicais, ateneos sindicalistas, centros obreiros e grupos anarquistas.
Pero por causa da súa clandestindade, este congreso non foi tan relevante, cousa que é inxusta. Tamén moitos organizadores foron arrestados polo goberno, mesmo foi detido o principal organizador, Xosé López Bouza. Tamén reduxo os efectos deste congreso, foi a expulsión de multiples delegados doutros países e a tardía chegada doutros cando xa rematara a celebración.
Por isto, tentouse facer un renacer a Internacional, pero tampouco logrou reunir a todas as organizacións obreiras desexadas e como consecuencia, a folga xeral internacional viuse igualmente fracasada.
Aqui abaixo deixo unha das poucas imaxes deste congreso clandestino en Ferrol
Na miña opinión, o goberno nunca debeu prohibir a convocatoria deste congreso. É moi posible que as cousas cambiaran grazas a esta celebración, e incluso quén sabe, ao millor este congreso houbese freado a guerra e salvado millares de vidas, polo que o goberno español de por aquel entón puido ser un dos responsables de que a guerra estoupase finalmente

miércoles, 10 de febrero de 2016

Non toda a igrexa apoiaba o réxime franquista

Hoxe vou falar dun tema que me resulta moi nteresante: os curas roxos. Estes curas eran persoas que a pesar de que a igrexa estaba a favor do réxime franquista, arriscaron as súas vidas para axudar á xente das súas parroquias.

En concreto quero facer mención dun cura ferrolano, residente durante a súa vida en Caranza, chamado Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido no seu barrio coma Cuco. Cando Eliseo era un rapaz comezou a traballar na empresa da súa familia no porto de Ferrol. Posteriormente fixo a carreira de perito mercantil e a de filosofía. En 1962 ordenouse sacerdote e exerceu en San Xiao, que era a súa parroquia natal e en San Pío de Caranza.

En 1974 colaborou na fundación dunha comisión chamada "Servizos á Comunidade", formada por veciños de Caranza e de parroquias próximas. Desta comisión surxiu a asociación de veciños de Caranza que recibiu o nome de Cuco Ruiz de Cortázar en homenaxe a este sacerdote.

A parte das súas labores nesa comisión, Eliseo encargouse da atención á terceira idade, á alfabetización dos adultos e tamén promulgou tanto a lingua coma a cultura galega. Tamén foi famoso en Caranza por resolver os problemas cós que a xente da parroquia acudía a el.

Por desgraza, Cuco falece aos 47 anos por causa dunha doenza hepática.

Por todos estes actos, Cuco Ruiz de Cortázar aínda e lembrado por moitos veciños de Caranza coma un Home digno de admirar.

Aquí abaixo deixo unha foto do sacerdote na súa xuventude

martes, 2 de febrero de 2016

Escravos galegos

Hoxe vou falar dun pequeno descubrimento que fixen esta tarde.
O caso, é que durante o século XIX, en Cuba, a explotación escravista nas plantacións de azucre estaba a tambalearse. Esta situación, aos propietarios das grandes plantacións que eran traballadas por  numerosos escravos, realmente preocupábanlles polas posibles sublevacións. Nesta época existía un gran índice de emigración en España, destacable en Galicia cara aos países latinoamericanos. Todos estes emigrantes recurrían á emigración polas pésimas condicións de traballo que tiñan en España na procura de conseguir fortuna nas colonias. Numerosas familias emigraron entón cara estes paises, coma se pode ver na foto de abaixo

Con estas migracións masivas, uns poucos lograron conseguir as riquezas que tanto ansiaban.
O que me sorprendeu, foi o caso de dous galegos poseedores de grandes plantacións escravistas, coma son a destacar as de Feijoo e Sotomayor, que aproveitaron dúas situacións que estaban a suceder:
A primeira foi o comezo da inestabilidade que producía a escravización dos nativos en Cuba. Ante esta situación, aproveitaron tamén o alto índice de galegos que emigraban. 
Ante esta situación, estas dúas "excelentes" persoas, entre outras alí en Cuba, decidiron anunciar en Galicia que eles lograran o desexo que os galegos procuraban nesas terras, e invitábaos a emigrar a Cuba ofrecéndolles traballo ben pagado. A sorpresa para os pobres inxenuos aos que, coma é comprensible, chamoulles a atención esa oferta, foi que ao chegar a Cuba, comezaron a traballar nas plantacións substituindo aos escravos nativos e sendo tamén explotados coma escravos. Na foto de abaixo podemos ver a un grupo de emigrantes galegos aos que lles ocorreu esta desgraza.
Esta historia pareceume moi interesante, xa que realmente estos explotadores de persoas, que ao fin e a cabo tamén foron emigrantes moitos deles, tiveron a maldade e avaricia de aproveitarse da xente que marchou a estes países estando nas mesmas condicións nas que probablemente chegaron eles.

domingo, 31 de enero de 2016

A historia non só a viven as personaxes ilustres.

2 de xullo, 1939

Querido pai:

Primeiramente quero pedirlle que non se preocupe polo que lle vou contar. Hai dúas semanas fun apresado pola Garda Civil na travesía do barco de vapor "Alicia", onde nos localizabamos todos os membros do batallón de pioneiros marxistas ao que pertenzo. Estabamos a fuxir de Xixón xa que estaban a perseguir aos roxos por causa da actuación franquista na cidade. Fun acusado polos meus crímenes realizados durante a revolucion de hay cinco anos, xunto con moitos dos meus compañeiros da mina. Á súa vez, acúsanme de criminal polo feito de pertencer ao Partido Comunista. Hai dous días sentenciouse a miña condena a ser fusilado. A verdade, non dou comprendido en que se diferencian as mortes que causei durante o 34 con todas as mortes que permite o Estado deixándonos vivir nestas pésimas condicións. Durante as eternas horas de traballo na mina, fixen un moi bó amigo pai, incluso podería decir que considéroo o meu millor amigo. Non hai día que non recorde a súa morte hay cinco anos. Morreu por culpa da desnutrición pai, pero el seguia picando as pedras mentres morria porque preferia morrer así en vez de recibir unha malleira dos nosos superiores.
Con esta carta non pretendo xustificarlle os meus numerosos actos violentos que cometin contra o goberno. Pretendo que comprenda toda a rabia que teño e que me deu forzas para nin sequera sentirme mal por toda esa xente que fixen que morrera.
Tras saír da mina tras o alzamento do 34, nomeáronme teniente do batallón 232 dos pioneiros marxistas. A pesar de que fora apresado formando parte deste batallón, encheme de orgullo que tivera formado parte del.
Hoxe, día 2 de xullo, é un día feliz para min; hoxe conmutaron a miña condena a morte e devolveranme a Lugo con vostedes. Por iso o motivo desta carta, que espero que chegue pronto. Espero que as cousas na aldea continúen tal e coma as recordo de cando era un rapaz, aínda que teño un presentimento de que vivindo o que vivin nunca volverei a velas coma daquela.

 Delle unha aperta á miña nai, e espero chegar pronto a casa.

  Xesús         



O autor desta carta foi Xesús Gómez Paz, natural de Lugo e destinado posteriormente a unha mina preto de Xixón. Formaba parte do PCE (Partido Comunista Español) e posteriormente adicouse á instrucción militar nos pioneiros e xuventudes marxistas. Finalmente antes de ser apresado foi nomeado teniente no exército roxo.

Con esta entrada, pretendo amosar que a historia non só a viven as personaxes famosas e importantes. Senón que todo o mundo a vive, e moita xente que contribuíu ao seu transcurso non aparecen nin nos libros de historia nin nos xornais.
A este home é tan só un dos moitos galegos que foron condenados durante as actuacións militares franquistas. 



Este home foi afortunado, outras moitas persoas remataron baixo terra coma no xacemento desta foto.