domingo, 21 de febrero de 2016

Congreso Internacional da Paz en Ferrol

Hoxe vou falar dunha noticia ferrolá moi pouco coñecida que pareceume un dato que debe darse a destacar.
Durante a I Guerra Mundial, En Ferrol, o Ateneo Obreiro Sindicalista desta cidade, convocou o día 26 de febreiro de 1915 un Congreso Internacional da Paz, que convocaría a todos os grupos obreiros a nivel internacional. Nesta convocatoria, pretendíase organizar una oposicion á guerra por parte dos países neutrais, organizando unha folga xeral e un boicot de transporte de mercadorías.
Pero como non, os cabróns do Goberno español, prohibiron a formación dese congreso xusto o dñia antes da súa celebración e aínda por riba a inmediata expulsión de varios delegados extranxeiros. Pero a pesar de todo isto, o congreso celebrouse clandestinamente con risco de seren descubertos. A celebración foi no Ateneo Obreiro Sindicalista, ao que asistiron pese a prohibición do goberno mais de cen organizacións sindicais, ateneos sindicalistas, centros obreiros e grupos anarquistas.
Pero por causa da súa clandestindade, este congreso non foi tan relevante, cousa que é inxusta. Tamén moitos organizadores foron arrestados polo goberno, mesmo foi detido o principal organizador, Xosé López Bouza. Tamén reduxo os efectos deste congreso, foi a expulsión de multiples delegados doutros países e a tardía chegada doutros cando xa rematara a celebración.
Por isto, tentouse facer un renacer a Internacional, pero tampouco logrou reunir a todas as organizacións obreiras desexadas e como consecuencia, a folga xeral internacional viuse igualmente fracasada.
Aqui abaixo deixo unha das poucas imaxes deste congreso clandestino en Ferrol
Na miña opinión, o goberno nunca debeu prohibir a convocatoria deste congreso. É moi posible que as cousas cambiaran grazas a esta celebración, e incluso quén sabe, ao millor este congreso houbese freado a guerra e salvado millares de vidas, polo que o goberno español de por aquel entón puido ser un dos responsables de que a guerra estoupase finalmente

miércoles, 10 de febrero de 2016

Non toda a igrexa apoiaba o réxime franquista

Hoxe vou falar dun tema que me resulta moi nteresante: os curas roxos. Estes curas eran persoas que a pesar de que a igrexa estaba a favor do réxime franquista, arriscaron as súas vidas para axudar á xente das súas parroquias.

En concreto quero facer mención dun cura ferrolano, residente durante a súa vida en Caranza, chamado Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido no seu barrio coma Cuco. Cando Eliseo era un rapaz comezou a traballar na empresa da súa familia no porto de Ferrol. Posteriormente fixo a carreira de perito mercantil e a de filosofía. En 1962 ordenouse sacerdote e exerceu en San Xiao, que era a súa parroquia natal e en San Pío de Caranza.

En 1974 colaborou na fundación dunha comisión chamada "Servizos á Comunidade", formada por veciños de Caranza e de parroquias próximas. Desta comisión surxiu a asociación de veciños de Caranza que recibiu o nome de Cuco Ruiz de Cortázar en homenaxe a este sacerdote.

A parte das súas labores nesa comisión, Eliseo encargouse da atención á terceira idade, á alfabetización dos adultos e tamén promulgou tanto a lingua coma a cultura galega. Tamén foi famoso en Caranza por resolver os problemas cós que a xente da parroquia acudía a el.

Por desgraza, Cuco falece aos 47 anos por causa dunha doenza hepática.

Por todos estes actos, Cuco Ruiz de Cortázar aínda e lembrado por moitos veciños de Caranza coma un Home digno de admirar.

Aquí abaixo deixo unha foto do sacerdote na súa xuventude

martes, 2 de febrero de 2016

Escravos galegos

Hoxe vou falar dun pequeno descubrimento que fixen esta tarde.
O caso, é que durante o século XIX, en Cuba, a explotación escravista nas plantacións de azucre estaba a tambalearse. Esta situación, aos propietarios das grandes plantacións que eran traballadas por  numerosos escravos, realmente preocupábanlles polas posibles sublevacións. Nesta época existía un gran índice de emigración en España, destacable en Galicia cara aos países latinoamericanos. Todos estes emigrantes recurrían á emigración polas pésimas condicións de traballo que tiñan en España na procura de conseguir fortuna nas colonias. Numerosas familias emigraron entón cara estes paises, coma se pode ver na foto de abaixo

Con estas migracións masivas, uns poucos lograron conseguir as riquezas que tanto ansiaban.
O que me sorprendeu, foi o caso de dous galegos poseedores de grandes plantacións escravistas, coma son a destacar as de Feijoo e Sotomayor, que aproveitaron dúas situacións que estaban a suceder:
A primeira foi o comezo da inestabilidade que producía a escravización dos nativos en Cuba. Ante esta situación, aproveitaron tamén o alto índice de galegos que emigraban. 
Ante esta situación, estas dúas "excelentes" persoas, entre outras alí en Cuba, decidiron anunciar en Galicia que eles lograran o desexo que os galegos procuraban nesas terras, e invitábaos a emigrar a Cuba ofrecéndolles traballo ben pagado. A sorpresa para os pobres inxenuos aos que, coma é comprensible, chamoulles a atención esa oferta, foi que ao chegar a Cuba, comezaron a traballar nas plantacións substituindo aos escravos nativos e sendo tamén explotados coma escravos. Na foto de abaixo podemos ver a un grupo de emigrantes galegos aos que lles ocorreu esta desgraza.
Esta historia pareceume moi interesante, xa que realmente estos explotadores de persoas, que ao fin e a cabo tamén foron emigrantes moitos deles, tiveron a maldade e avaricia de aproveitarse da xente que marchou a estes países estando nas mesmas condicións nas que probablemente chegaron eles.