miércoles, 10 de febrero de 2016

Non toda a igrexa apoiaba o réxime franquista

Hoxe vou falar dun tema que me resulta moi nteresante: os curas roxos. Estes curas eran persoas que a pesar de que a igrexa estaba a favor do réxime franquista, arriscaron as súas vidas para axudar á xente das súas parroquias.

En concreto quero facer mención dun cura ferrolano, residente durante a súa vida en Caranza, chamado Eliseo Ruiz de Cortázar, máis coñecido no seu barrio coma Cuco. Cando Eliseo era un rapaz comezou a traballar na empresa da súa familia no porto de Ferrol. Posteriormente fixo a carreira de perito mercantil e a de filosofía. En 1962 ordenouse sacerdote e exerceu en San Xiao, que era a súa parroquia natal e en San Pío de Caranza.

En 1974 colaborou na fundación dunha comisión chamada "Servizos á Comunidade", formada por veciños de Caranza e de parroquias próximas. Desta comisión surxiu a asociación de veciños de Caranza que recibiu o nome de Cuco Ruiz de Cortázar en homenaxe a este sacerdote.

A parte das súas labores nesa comisión, Eliseo encargouse da atención á terceira idade, á alfabetización dos adultos e tamén promulgou tanto a lingua coma a cultura galega. Tamén foi famoso en Caranza por resolver os problemas cós que a xente da parroquia acudía a el.

Por desgraza, Cuco falece aos 47 anos por causa dunha doenza hepática.

Por todos estes actos, Cuco Ruiz de Cortázar aínda e lembrado por moitos veciños de Caranza coma un Home digno de admirar.

Aquí abaixo deixo unha foto do sacerdote na súa xuventude

No hay comentarios:

Publicar un comentario