martes, 2 de febrero de 2016

Escravos galegos

Hoxe vou falar dun pequeno descubrimento que fixen esta tarde.
O caso, é que durante o século XIX, en Cuba, a explotación escravista nas plantacións de azucre estaba a tambalearse. Esta situación, aos propietarios das grandes plantacións que eran traballadas por  numerosos escravos, realmente preocupábanlles polas posibles sublevacións. Nesta época existía un gran índice de emigración en España, destacable en Galicia cara aos países latinoamericanos. Todos estes emigrantes recurrían á emigración polas pésimas condicións de traballo que tiñan en España na procura de conseguir fortuna nas colonias. Numerosas familias emigraron entón cara estes paises, coma se pode ver na foto de abaixo

Con estas migracións masivas, uns poucos lograron conseguir as riquezas que tanto ansiaban.
O que me sorprendeu, foi o caso de dous galegos poseedores de grandes plantacións escravistas, coma son a destacar as de Feijoo e Sotomayor, que aproveitaron dúas situacións que estaban a suceder:
A primeira foi o comezo da inestabilidade que producía a escravización dos nativos en Cuba. Ante esta situación, aproveitaron tamén o alto índice de galegos que emigraban. 
Ante esta situación, estas dúas "excelentes" persoas, entre outras alí en Cuba, decidiron anunciar en Galicia que eles lograran o desexo que os galegos procuraban nesas terras, e invitábaos a emigrar a Cuba ofrecéndolles traballo ben pagado. A sorpresa para os pobres inxenuos aos que, coma é comprensible, chamoulles a atención esa oferta, foi que ao chegar a Cuba, comezaron a traballar nas plantacións substituindo aos escravos nativos e sendo tamén explotados coma escravos. Na foto de abaixo podemos ver a un grupo de emigrantes galegos aos que lles ocorreu esta desgraza.
Esta historia pareceume moi interesante, xa que realmente estos explotadores de persoas, que ao fin e a cabo tamén foron emigrantes moitos deles, tiveron a maldade e avaricia de aproveitarse da xente que marchou a estes países estando nas mesmas condicións nas que probablemente chegaron eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario