miércoles, 18 de noviembre de 2015

As orixes do futbolín

Bueno, aqui vou falar sobre as orixes dun famoso xogo que todos coñecemos que é o futbolín, por se alguén non o coñece o futbolín é un típico xogo de bares tremendamente adictivo que consiste nunha recreación en miniatura nun taboleiro dun campo de fútbol. A cada un dos lados colocáse unha parella que, agarrando os mangos laterais manexan as barras nas que se sitúan os xogadores. Como resulta obvio o obxectivo do xogo é tratar de meter o máximo numero de goles na porteria do equipo contrario.
Se alguén se pregunta que relación ten o futbolín coa historia de Galicia , para a vosa información, o futbolín foi inventado por un carpinteiro galego chamado Alejandro Finisterre.
Aquí está o inventor deste magnífico xogo.
O futbolín, ainda que pareza un simple invento recreativo para poñer nos bares e xogar cós amigos, Finisterre inventouno durante a Guerra Civil, cando estaba hospitalizado con graves feridas nun hospital de Barcelona. Eu penso tamén que bueno, un hospital actualmente non será o mesmo ambiente que un hospital naquela época
Eu póñome no lugar d@s pobres enfermeir@s aguantando todas as queixas da tremenda cantidade dos pacientes, coma se poder ver na foto, pois agoviaríame bastante. Ahi entrou o carpinteiro Finisterre, que comezou a realizar a súa idea. O futbolín non fai tan solo un gran favor aos pacientes, que os entreten e fáilles esquecerse en gran parte das súas doenzas; senón tamén foi un favor para todos os traballadores de hospital, que milloraria a súa sanidade mental porque bueno, non é o mesmo ter que aguantar a 30 personas queixandose que aguantar a 15 xa que as restantes estan xogando ao futbolín.
E ao final resultou que este invento recreativo dos hospitais, pasou a selo en moitos bares na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario