domingo, 8 de noviembre de 2015

Lendas de Neda

Aqui vou poñer unhas poucas lendas propias do meu pobo:

O Crito da cadena

Na fachada traseira da igrexa de Santa María hay unha taia cun Cristo unha cadea atada ao pescozo. A lenda conta que o Cristo veu a flote polo océano dunha zona do sur de Inglaterra e chegou á vila de Neda. Ao chegar, os habitantes da vila pensaron que esta estatua era un amuleto enviado por Deus que lles traeria tempos de explendor ao pobo, polo que a colleron e colocárona na fachada traseira da igrexa de Santa María. Pero esta figura movíase cada noite atopábana cada vez nun sitio disinto; polo que colérona un día e a encadearon na igrexa. A lenda conta que no momento no que a estatua se desencadene e chegue ao monte de ancos, ocorrería unha grave traxedia se non se devolvía á igrexa de Santa María


As areas máxicas do río xuvia

Conta a lenda que na beira da desembocadura do Río Grande de Xuvia, as noites nas que había eclipse lunar, as areas transformábanse en flores con propiedades máxicas e curtivas. Tamén dise que os panadeiros nedenses utilizaban estas flores para mesturalas coa fariña e facían o pan con estas flores na súa composición. Aínda a día de hoxe, o pan de Neda ten fama de ser un dos millores pan feitos pola comarca.


O demo da Mourela

Esta lenda conta que na zona da Mourela en Neda, os leñadores que ían a talar as árbores escoitaban uns cantos melodiosos. Os campesiños eran atraidos por estos cánticos, atopábanse cun demo que se apoderaba das súas ánimas. Actualmente sábese que os cruceiros construíanse antigamente para espantar aos mouros e malos espíritos que vagan por Galicia. En neda fixéronse repartidos por todo o pobo; moitos din que fixéronse para espantar as ánimas capturadas polo demo da Mourela, que deixábaas á deriva polos montes en busca dun novo corpo dunha persoa viva.

O monte inundado

Conta a lenda que o monte de Ancos de neda foi misteriosamente drenando auga ata quedar inundado no seu interior. Os nedense temían que o Cristo encadeado mencionado na primeira lenda, chegase ao monte de Ancos, xa que este partiría dun impacto a montaña e esta deparrmaría a auga do seu interior por todo o val, deixando neda somerxida baixo a auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario