lunes, 2 de noviembre de 2015

O imperio romano do século XXI

Nesta entrada vou a tratar de facer unha comparación da actual sociedade coa sociedade do imperio romano con axuda de fotografías:


Aquí podemos ver unha comparación dunhas termas romanas (a foto superior) e dun balneario da actualidade. Coma se pode apreciar teñen unha estrutura moi similar


Aquí tamén podemos ver que os lugares donde facer as nosas necesidades non cambiaron moito, a única diferencia que vexo é que na sociedade romana non había tanto pudor coma na actualidade; por iso nos tempos modernos engadíronselle portas a este invento


O anterior lévanos a un uso de alcantarillado  para levar as feces a unha zona donde non afecte ao olfacto dos transeuntes. Na miña opinión é un sistema idéntico o actual ao que se utilizaba no imperio romano


Tamén parecénse a nós polo sinxelo detalle de pintar nas paredes das casas e edificios das cidades


Dentro do mundo do espectáculos, os gladiadores era un bastante frecuente na antiga roma, e ainda que na actualidade non é tan solicitado, creo que os loitadores de mma son os que máis se poden parecer a os gladiadores


O teatro era tamén un espectáculo moi frecuente no imperio romano, e segue conservándose na actualidade cunha estrutura similar


Tamén daquela existía o oficio da prostitución, só que agora a lei esta en contra deste traballo a diferencia dos romanos


Os mercados romanos eran lugares nos que se podían atopar obxectos de fóra do habitual na vida dos romanos. Na actualidade, aínda seguen prganizandose feiras e mercadillos en moitos lugares